O partido disputarase o Domingo día 18 de outubro as 16:00 no campo de Comesaña.

Nesta 2ª xornada enfrontámonos ao 5º clasificado do ano pasado, o cal, tivo unha boa bagaxe goleadora, polo que haberá que ter coidado atrás.

Polo demáis, á presentación de “Viñas” a semana pasada, únese a de Nacho neste encontro, o cal, vén a reforzar a parte ofensiva do equipo, dádas as dificultades que este ano pon a organización co tema dos horarios. Este tema, o dos horarios, que para outros pode resultar trivial, para nós pode ser unha auténtica sangría, debido a singularidade de horarios que teñen os nosos xogadores. Con todo, esperamos estar en condicións de pelexar todos os partidos e ficar o máis alto posíbel da táboa clasificatoria.

TAMÉN ESPERAMOS PODER EMITIR NOVAMENTE RESUMOS DOS PARTIDOS DISPUTADOS POLO NOSO CLUBE!!