Bo partido o disputado hoxe en Samil onde nos presentamos cun equipo plagado de baixas ante o Qpun Qpan, recén ascendido de Terceira o cal nos impuxe3mos por 2 goles a 0.

Na primeira metade saimos presionando arriba, tocando moi ben durante varias fases da primeira metade e errando infinidade de oportunidades que ían fora case sempre, ate que Prieto cun disparo dende a frontal da area poñia o 1-0 no marcador.

Na segunda metade comezamos cunha pequena páxara mental, que co paso dos minutos foise diluindo e voltamos a xogar igual que na primeira metade. Logo dun roubo de Prieto no centro do campo, o balón caeu nos pés de Isaac que logo de irse do defensa colaría o esferico por toda a escadra visitante.

Bo partido en liñas xerais, marcado por unha relaxación inusual durante todo o partido, por unha boa defensa de todo o equipo xa que o noso gardamallas Chino non fixo ningunha parada durante todo o encontro. Destacar tamén o bo debut de Viñas co At. Fragoso. A próxima finde a vigo en xogo fara un parón pola ponte do Pilar, asi que ata dentro de 2 semanas non voltamos xogar de novo.

Ben feito rapaces!!!!