Noviembre 5th, 2009Novo blog
O ANO COMEZÁMOLO CON NEVE (IMAXES NO NOSO NOVO BLOG)
O Caf-RECA At. Fragoso mudase a blogspot, con moitos máis videos, información actualizada, dados históricos de enfrontamentos, gráficas, enquisas etc.
Aquí tedes a ligazón do noso novo blog :
Agardamos que sexa do voso agrado e que o disfrutedes.
Derradeiro encontro antes do noso descanso, que esta vez cadrou case igual o ano pasado, na 5ª xornada. Enfrontamonos a un recen ascendido de terceira división igual ca nós, que tan só leva desputados 2 encontros xa que descansou a comezos da liga.
O partido desputarase o domingo día 1 de Novembro as 15:00h. no campo de Samil.

Bo partido disputado contra un bo equipo, o cal ficou 3º na táboa clasificatoria a tempada pasada. O partido foi pouco vistoso polas excesivas faltas que se cometeron o longo de todo o partido pero bo en liñas xerais, xa que logo de ir perdendo 1-0 conseguimos remontalo encontro con 2 goles de Lareo e 1 gol de Pepe, estreando ambos o seu casilleiro de goles. O final 2-3 a favor de At. Fragoso que con esta victoria consolidase nos postos altos da clasificación e mantense invicto logo de 3 xornadas desputadas, cun total de 7 goles a favor e so 4 en contra. ¡¡¡ A seguir asi rapaces !!!
Dende este humilde blog queremos felicitar a dous compoñentes deste equipo que estiveron de cumpreanos esta semana, Fran o dia 19 e Cesar o dia 22. Xa vos tiraremos das orellas o domingo.
